Aquí tamén se fala!
#aquítaménsefala

En Solvos tamén se fala Galego

"Aquí tamén se fala" é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudiantil con accións directas nos barrios e na contorna directa de cada alumno. Promovida o ano pasado polo IES Rafael Dieste de A Coruña, tralo éxito obtido, agora xa conta coa colaboración de 200 centros de ensinanza en toda Galicia.

En Solvos unímonos a esta iniciativa da man de un grupo de alumnas do IES Rosais 2 de Vigo. 'Aquí tamén se fala' xa conta con case de 190 centros de ensinanza en toda Galicia e co apoio de numerosas empresas, comercios e de persoas do mundo da cultura como o músico James Rhodes ou o actor Viggo Mortensen.

"Ola, son Viggo Mortensen, e penso que as linguas son o tesouro dos pobos. Por iso hoxe, en Galicia, onde estea, tamén falo galego". 

"Ola son James Rhodes, e sinto que Galicia é o meu fogar espiritual. E por iso, e porque Galicia é para min o lugar máis fermoso da terra, sempre que podo tamén falo galego. Biquiños",

Consulta máis información na web do proxecto.


!Feliz Navidad!